1920

A primeiros de xuño deste ano viaxan desde Madrid Emilia Pardo Bazán e a súa filla para pasar unha temporada no Pazo de Meirás.

O día 24 de xullo chega a Galiza en tren procedente de Madrid o infante Fernando de Baviera que se retira a descansar na casa do conde de Maceda en Xaz. Despois dirixiuse ao Pazo de Meirás onde almorzou xunto ás autoridades militares e civís. Pola tarde tomou te no Pazo acompañado de representacións da sociedade, da prensa e da politica. Logo, continuou viaxe a Santiago de Compostela.
Da estancia do infante no Pazo de Meirás, a prensa da epoca recollia o seguinte:
"Seguidamente marchó Su Alteza a Torre Meirás donde le recibieron la condesa de Pardo Bazán, el conde de la Torre de Cela y el general Cavalcanti.
En aquel momento se arrio en la Torre el pabellón de la casa, izandose el de Castilla.
Poco despues sirviose un explendido banquete. A la derecha de Su Alteza sentaronse las marquesas de Espeja y Cavalcanti y enfrente la eximia escritora cuyos lados ocupaban el capitán general y el conde de Cela. Los demas comensales eran los condes de la Torre de Cela, e general Cavalcanti, las señoritas Rus, Quiroga y Pardo Bazán, los gobernadores civil y militar, e marqués de Espeja y los ayudantes del infante. Una orquesta amenizó la comida.
A las cinco de la tarde, despues de recibir los cumplimientos de distinguidas familias que acudieron a saludarle, marchó Su Alteza en auto con el conde de Maceda en auto. En otro coche iba el capitán general."
O menú que se serviu no Pazo de Meirás este día ao infante foi o que sigue:
- Entremeses.
- Ovos escalfados á condesa.
- Langosta.
- Medallóns de tenreira con escuma de xamón.
- Peitugas bañadas e trufadas.
O postre foi xelado de amendoa e os viños que se serviron foron St. Emilion Zeltinger, Roedever cristal e ribeiro.

O infante Fernando de Baviera, a raiña Victoria Eugenia, Alfonso XIII, Vicenti, a raiña María Cristina, Emilia Pardo Bazán e unha infanta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario