1923

A finais de xuño deste ano desprazase desde Madrid ao Pazo de Meirás o exministro Esteban Collantes e os seus fillos.

O día 13 de agosto celebrase coa asistencia das autoridades locais e numeroso público, un acto na Coruña de colocación dunha lápida de mármore e bronce pagada polo Concello na casa onde viviu Emilia Pardo Bazán. Neste acto interveñen o alcalde da cidade e o fillo da escritora, Conde da Torre de Cela. Despois das intervencións unha banda interpretou a marcha real e o Hino Galego.
A filla da escritora obsequiou aos asistentes a unhas pastas e champán. Depois celebrouse no Pazo de Meirás unha festa á que asistiron as familias da burguesía da Coruña. A estatua da escritora, nos xardíns do Pazo estaba cuberta de flores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario