1933

Neste ano o Conde da Torre de Cela (Jaime Quiroga Pardo Bazán, fillo da escritora) propietario do Pazo de Meirás, vende a José Gayoso Barral duas leiras que heredara, xunto ao Pazo en Meirás, de Emilia Pardo Bazán.

As dúas leiras sumaban os 22 ferrados de extensión e eran cultivadas por labregos de Meirás que pagaban ao propietario do Pazo de Meirás, antes da venda destas a Gayoso, un ferrado de trigo por cada ferrado de terra.

Gayoso, unha vez que se fixo coas terras, subiulles a renda aos labregos a dous ferrados de trigo, por cada un de terra (o doble do que estaban a pagar a Jaime Quiroga).
Os labregos, que lebavan máis de setenta anos cultivando esas terras, non aceptaron dita subida de renda, tentando negociar con Gayoso, negandose este a calquer tipo de acordo. Gayoso esixe que se dobren as rendas ou que os labregos abandonen as terras.

Comeza así un conflicto entre os labregos de Meirás, que apoiado polo Sindicato de Oficios Varios de Meirás, presidido por Antonio Carballeira e o Partido Galeguista de Sada que liderado por Xoán Antón Suárez Picallo, se prolongará durante varios anos. Ambos serían asasiñados en agosto de 1936.

O conflicto ten unha trascendencia que soborda amplamente Meirás e Galiza, chegandose a publicar na prensa escrita de Madrid os acontecementos que se ian producindo na loita dos labregos de Meirás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario